Cursos steam para a rapazada de 8 a 15 anos

20 Xul 2021

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) chegarán a unha vintena de concellos galegos co nova edición do programa Girl STEAM, dirixido a incentivar novas vocacións TIC entre a rapazada (facendo especial fincapé nas mozas e avanzando deste xeito na loita contra a fenda tecnolóxica de xénero) coa implicación directiva dunha rede de profesionais de recoñecido prestixio.

As xornadas celebraranse nos meses de xullo, agosto e setembro a través de obradoiros formativos prácticos presenciais en 18 concellos galegos. En cada concello faranse dúas quendas por idades, unha para a rapazada de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos.

Máis información e inscricións: https://cemit.xunta.gal/es/iniciativa-girl-steam