Axudas para a creación de novas empresas e para consolidación do emprego

20 Xul 2021

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR807I
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de agosto de 2021.
Máis información no DOG do 20 de xullo de 2021 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/