Persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

19 Xul 2021

A Secretaría Xeral para o Deporte convoca bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22.

Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos deportistas menores de idade.

O número de prazas convocadas é de 6, precisando polo menos 3 prazas ocupadas polo mesmo sexo (feminino ou masculino), co obxectivo de ter unha representación con paridade para poder garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro.

Requisitos:
a) Ter entre 19 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.
b) Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou un ciclo formativo.
d) Non ser beneficiario dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.

O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 19 de agosto de 2021.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento DE400A
Máis información no DOG do 19 de xullo de 2021 e en https://deporte.xunta.es