Residencias de estudantes nos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA)

19 Xul 2021

O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), o CFEA de Sergude (Boqueixón), o CFEA Pedro Murias de Ribadeo e o CFEA de Becerreá, adscritos á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dispoñen de residencias de estudantes que prestan un servizo complementario ao desenvolvemento educativo da poboación do medio rural e facilitan a asistencia ás clases dos ciclos de formación profesional agraria de grao medio e grao superior que se están a impartir neles. As ditas residencias permiten ao alumnado cursar estes estudos cando non se imparten cerca do seu domicilio habitual e dispoñer dun servizo de comedor.

Persoas beneficiarias:
a) Ser cidadás de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.
b) Ter feitos os 18 anos de idade o día de comezo do uso da residencia no caso das prazas en pensión completa do CFEA de Lourizán, ou ter feitos os 16 anos de idade no ano da convocatoria no caso das prazas en pensión completa que se ofertan no CFEA de Sergude.
O alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do CFEA de Lourizán que no curso 2020/21 tivese adxudicada unha praza en pensión completa conservaraa no curso 2021/22 aínda que non cumpra co requisito de idade.
c) Estar matriculado nun ciclo de formación regrada do centro durante o curso escolar.

Tipos de prazas:
a) Residencia en pensión completa.
b) Comedor para o curso completo.

Prazas:

PRAZASS

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario MR207A na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
O prazo de presentación das solicitudes será do 20 de xullo ao 30 de xullo de 2021.
Máis información no DOG do 19 de xullo de 2021