Bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

14 Xul 2021

O Consello da Cultura Galega convoca dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid.
Estas bolsas teñen como finalidade facilitar a presenza dun/dunha creador/a na Casa de Velázquez en Madrid. Está destinada a creadores ou creadoras do ámbito das artes visuais (agás pintores e escultores) ou músicos.

Requisitos xerais:
Estar en posesión da titulación universitaria requerida e ter rematado os estudos no curso académico 2009/10 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

Bolsa de estadía de creación na Casa de Velázquez en Madrid
Esta bolsa ten como finalidade facilitar a presenza dun/dunha creador/a na Casa de Velázquez en Madrid. Está destinada a creadores ou creadoras do ámbito das artes plásticas, musicais, escénicas ou visuais (agás pintores e escultores)
Requisitos:
Posuír unha titulación universitaria ou de grao superior en ciclos formativos de ensinanzas artísticas, coreográficas, escénicas, musicais, deseño, imaxe e son.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos.
Presentar unha memoria do proxecto.
Os proxectos de artes visuais (debuxo, cine, fotografía, gravado, vídeo) ou composición musical deberán estar avalados por un responsable dun centro de creación, dun museo, dun conservatorio, etc. No proxecto de creación deberase xustificar tanto a necesidade da estadía en Madrid como a da proxección da cultura galega.

Bolsa de estadía de investigación na Casa de Velázquez en Madrid
Requisitos
Ser licenciado/a ou graduado/a nas áreas de Humanidades e Ciencias Sociais ou titulacións equivalentes.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos
Presentar unha memoria do proxecto.
A persoa investigadora deberá presentar unha memoria explicativa do proxecto de investigación que resuma as características xerais da investigación que vai levar a cabo.
A devandita memoria debe presentarse en formato A4, mecanografada a duplo ; e por unha soa cara, e a súa extensión non será inferior a cinco nin superior a dez páxinas.
A investigación que se vai desenvolver pertencerá ao ámbito das ciencias humanas e sociais cuxas fontes ou terreo de referencia se atopen en Madrid e terá que ver coa cultura e a historia de Galicia e a proxección da cultura galega.
Esta memoria débese acompañar dunha carta de convite dalgún centro de investigación, estudo ou documentación situado en Madrid, así como un escrito do responsable da investigación sobre o interese do proxecto.

Dotación:
Cada bolsa estará dotada con 1.100 € mensuais.
A Casa de Velázquez asumirá os gastos da hospedaxe. Proporcionará, ademais, tarifas preferenciais (boursier) para os gastos de manutención na cafetaría da Casa de Velázquez. Igualmente, ofreceralles a posibilidade de empregar os espazos de traballo e documentación da Casa de Velázquez. Do mesmo xeito, poderán participar nas actividades de investigación e creación da Casa de Velázquez.

Duración:
A duración de cada unha das bolsas será de 3 meses e a data estimada de comezo é o 15 de setembro de 2021 e rematarán, en calquera caso, o 31 de decembro de 2021.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de agosto de 2021.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento PR970A
Os formularios das solicitudes tamén estarán dispoñibles nas páxinas web do Consello da Cultura Galega http://consellodacultura.gal

Máis información no DOG do 14 de xullo de 2019 e en http://consellodacultura.gal
No teléfono 981 957 202 ou o enderezo electrónico rexistro@consellodacultura.gal
Presencialmente: Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela.