Prazas de residencia e de comedor nas residencias da Consellería do Mar

09 Xul 2021

A Consellería do Mar convoca ás prazas de residencia e de comedor nos seus centros residenciais para o curso 2021/22.

Requisitos:
Estar matriculado nos centros de formación dependentes da Consellería do Mar e realizar os seguintes estudos:
a) Marítimo-Pesqueiros:
Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional Marítimo-Pesqueira.
b) Náutico-Pesqueiros:
Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca e mariñeiro pescador.

As prazas poderán adxudicarse nas seguintes modalidades:
a) Servizos de residencia en pensión completa: cuarto, almorzo, xantar e cea.
b) Servizos de media pensión: xantar cinco días á semana de luns a venres.
c) Servizo de xantar diario, non regular.

Prazas:
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (Pontevedra)
65 pensión completa
5 media pensión e xantar diario non regular

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (A Coruña)
45 pensión completa
10 media pensión e xantar diario non regular

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xullo de 2021.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PE606A
Máis información no DOG do 9 de xullo de 2021 e en http://www.mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion