XV Premio de Narrativa Breve Repsol

07 Xul 2021

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, convoca a décimo quinta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.

A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.

As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120.

Deberán enviarse antes do 31 de xullo de 2021, facendo constar no sobre Premio de Narrativa Breve Repsol, ao seguinte enderezo:

Refinería Repsol A Coruña
Apartado de correos 700
15080 A Coruña

Establécese un único premio dotado con 12.000 €.

BASES