Cales son as preocupacións da xente nova arredor da emerxencia climática?

07 Xul 2021

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de lanzar unha enquisa para indagar nas preocupacións da xente nova arredor da emerxencia climática.

Mozas e mozos de entre 15 e 34 anos están chamados cubrir o cuestionario que se desenvolve simultaneamente nos oito estados membros da Unión Europea que participan no proxecto People & Planet: Un Destino Común, que involucra a Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, España, Países Baixos e Cabo Verde.

Queren aprender sobre a concienciación e o activismo da xente nova en relación cos retos do Cambio Climático e a Escaseza de Auga, así como os novos hábitos sostibles. A escaseza de auga afecta a máis do 40% da poboación global. Os desastres relacionados coa auga causan o 70% das mortes vinculadas a catástrofes naturais.

A enquisa ten 16 preguntas e vaiche levar uns 10 minutos respondela. A túa achega será moi valiosa e resulta de suma importancia!

ENQUISA!!