Visita virtual ás pinturas rupestres de Penedo Gordo e Penedo do Gato-Lobarzán

06 Xul 2021

As pinturas rupestres esquemáticas prehistóricas situadas en Penedo Gordo e Penedo do Gato-Lobarzán (Ourense) xa se poden visitar virtualmente. Para iso, un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo lanza unha plataforma en liña que integra múltiples recursos que permiten somerxerse no coñecemento destes xacementos.

A iniciativa pertence ao proxecto Inou 2020 PreMedia. Creación dun contorno virtual para a interpretación patrimonial de sitios con pintura rupestre esquemática da comarca de Monterrei.

http://premedia.webs7.uvigo.es/