Avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades de Galicia

05 Xul 2021

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACUSG) fai unha convocatoria para a presentación de solicitudes por parte dos interesados que desexen obter a avaliación para poderen ser contratados como persoal docente e investigador por algunha das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia (SUG), como profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor.

Destinatarios:
Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2021
As solicitudes están dispoñibles en www.acsug.es e en https://sede.xunta.es co procedemento ED702B

Máis información no DOG do 5 de xullo de 2021 e e en http://www.acsug.es/convocatorias-abertas