Humus Film Fest

30 Xun 2021

O Humus Film Fest é un festival sobre a temática "horta e cidade". O número de curtametraxes que cada participante pode presentar a concurso é ilimitado. As curtametraxes deberán ser orixinais. Prohibese a presentación a concurso de vídeos cuxa proxección en sala produzan efectos narcolépticos no público. Poderán enviarse curtos que fosen presentados noutros festivais sempre que se axusten á temática e duración que se detalla nestas bases.

Establécense 4 categorías:
- Fantástica: É a categoría para as vosas historias de ciencia-ficción, de terror, de animación, futuristas. O espazo para contar cousas que vós non creriades, atacar naves en chamas máis aló de Orión... ou non.
- Curta de Autor: Esta é a vosa categoría, filmakers. Aquí recolleranse os curtos con miradas máis persoais que falen da relación horta-cidade: as visións máis poéticas sobre estas contornas; as máis surrealistas, as máis experimentais… Si, mesmo se pensas que o teu curto só o vas a entender ti, nesta sección cadra.
- Comedia: Aquí caben todas os curtos que teñan a risa, a ironía, o humor como protagonismo.
- Documental: Se queredes contar a historia do vosa horta; mostrar a súa relación co barrio ou documentar a fauna que se atopa entre os bancales, esta é a categoría.

A duración dos curtos será dun máximo de 3 minutos e medio (3’:30’’). Podendo ser máis curta se o autor así o elixise. Os vídeos poderán ser gravados con calquera dispositivo: Móbil, tablet, cámara de fotos, cámara de vídeos, etc. Admitiranse os seguintes formatos: mp4 e mov. Ademais do arquivo de vídeo, deberanse enviar un fotograma do curto, de 1000 x 570 píxeles e un peso máximo de 400 Kb, en formato jpg que non conteña o título (que non sexa o fotograma inicial), nin os subtítulos sobreimpresos. Se os vídeos se presentan nun idioma distinto ao castelán, deberán incluír subtítulos en castelán.

A recepción de curtametraxes estará aberta ata o 13 de setembro de 2021, ás 00:00 hora peninsular española.

Para participar na terceira edición do festival de curtos deberá encherse a ficha de inscrición e mandala ao correo humusfestfilm@gmail.com, xunto cos seguintes arquivos:
- Ficha de inscrición
- Fotograma da curta: Fotograma do curta, de 1000 x 570 píxeles e un peso máximo de 400 Kb, en formato jpg que non conteña o título (que non sexa o fotograma inicial), nin os subtítulos sobreimpresos.

Para curtos cun peso superior a 20 Mb recoméndase usar a plataforma de envío https://www.wetransfer.com/ á dirección de email citada no primeiro parágrafo deste apartado.

Finalizado o prazo de recepción de curtos, un xurado da organización visionará os vídeos admitidos a concurso para elixir os finalistas en cada categoría. Se eligirán 4 curtos finalistas por categoría.

Requisitos: Poderán participar no festival persoas de calquera nacionalidade.

Premios: Os 5 curtos gañadores (haberá un premio concedido polos asistentes á gala ) recibirán un obsequio, non metálico, relacionado co universo agrourbanita.

Máis Información
humusfestfilm@gmail.com
https://www.lacasaencendida.es/sites/default/files/humus_film_fest_2021_bases.pdf