XXIX Certame de artes plásticas Art Nalón

30 Xun 2021

O Concello de Langreo, en colaboración co Instituto Asturiano da Mocidade, lanzou a convocatoria do XXIX Certame de Artes Plásticas "Art Nalón" co dobre obxectivo de fomentar a creación artística da mocidade e servir de escaparate a esa produción.

O concurso ten catro modalidades: pintura, escultura, debuxo e gravado.

Os/As artistas deberán presentar un único dossier anónimo en PDF con polo menos dez obras, indicando o título, ano de realización, técnica, materiais, dimensións e prezo de cada unha das obras, así como o peso para as esculturas.

As obras presentadas terán que estar realizadas en material definitivo e ser orixinais, indicándose de forma explícita, no caso dos gravados, o número de serie.

A participación no XXVIII Certame de Artes Plásticas Art Nalón levará a cabo exclusivamente a través de internet na páxina www.mundoarti.com 

Para tal fin, os participantes deberán subir un dossier coas obras en PDF de máximo 10 MB, cumprimentar os datos persoais e achegar a seguinte documentación:
- Currículo Vitae en formato PDF.
- Fotocopia DNI.
- Certificado de empadroamento (no caso de residentes na Conca do Nalón, senón subir documento en branco).
- Ficha de solicitude.

O prazo de presentación estará aberto ata o 10 de setembro de 2021.

Requisitos
Poderán concorrer a esta convocatoria novas que nacesen ou teñan a súa residencia en España, non cumprisen 36 anos ao 1 de xaneiro de 2021 e non resultasen premiados en anteriores convocatorias.

Premio
Establécese un premio por importe de 2.000 euros e exposición individual das obras presentadas, así como un accésit por importe de 1.500 euros e exposición individual.

As obras presentadas a concurso deberán estar dispoñibles para formar parte da exposición.

https://www.mundoarti.com/concursos/CVX0296/xxviii-certamen-de-artes-plsticas-art-naln/