Curso de formación

29 Xun 2021

FACES é un curso de formación para mocidade que traballe ou que estea involucrada en materia de facilitación con grupos de mozas/os.

Que fai un facilitador/a? Quen é un facilitador/a? O Curso de Formación propón métodos e exercicios para potenciar algunhas das habilidades (Aprender a aprender a tomar conciencia, comunicación efectiva, resolución de problemas, creatividade, manexo de conflitos, deseño dun taller) que debe ter un facilitador/a.

A día os traballadores/as xuvenís necesitan coñecementos, ferramentas e métodos de facilitación de grupos xuvenís debido á importancia social da súa función. Son facilitadores sociais para a inclusión xuvenil, especialmente para os mozos con menos oportunidades. Unha aprendizaxe moi práctica cunha sesión sobre o deseño dun taller e a súa realización.

Obxectivos:
- Proporcionar aos traballadores xuvenís ou persoas que traballen en asociacións ou con mocidade, ferramentas prácticas de facilitación para que as utilicen coa mocidade para aumentar o seu autoeficacia e empoderarlos na súa vida persoal e profesional, especialmente aqueles con menos oportunidades.
- Mellorar a calidade do traballo xuvenil e mellorar o papel dxs traballadorxs xuvenís e as ONG como facilitadores sociais;
- Uso del como ferramenta positiva de transformación no traballo da mocidade e nas súas vidas;
- Mellorar a cooperación internacional entre organizacións e construír unha cooperación estable a longo prazo
- Recoñecemento do valor educativo das actividades de educación non formal
- Creación de resultados (un Blogue diario e un Folleto) para difundir co fin de contribuír ao empoderamento dxs Traballadorxs Xuvenís.

Para mais información e inscrición, escribir un email a omix.ribadavia@gmail.com

www.omixribadavia.wordpress.com