Correspondentes Xuvenís en Plan Proxecta+

25 Xun 2021

Xa está aberto o prazo para solicitar o programa Correspondentes Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, participación e Voluntariado para o curso 2021/2022.

A Consellería de Educación convoca o Plan Proxecta+ en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

ponteareas ies barral

Neste curso escolar ofrécense 42 programas educativos, entre os que está Correspondentes Xuvenís

Correspondentes xuvenís é un programa que pretende contar cunha antena informativa en cada centro educativo. Será o alumnado quen se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.

O prazo para solicitar o programa a través do Plan Proxecta estará aberto ata o 16 de setembro de 2021