Elixe o teu ciclo formativo de FP

05 Xul 2021

Hoxe 5 de xullo é o último día para solicitar un ciclo formativo ou un curso de especialización si xa cursaches anteriormente un ciclo.

Ata as 13:00 horas!!

A Consellería de Educación actualiza a oferta educativa dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas na modalidade dual.

Busca ao teu ciclo de grao profesional básico, grao medio e grao superior:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210624/AnuncioG0598-180621-0001_gl.pdf

FP dualhttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210625/AnuncioG0598-240621-1_gl.pdf

 

Prazos do proceso de admisión na FP

- FP Dual
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ás 9.00 ao 2 de xullo ás 13:00 horas
Período de matrícula para as persoas admitidas a partir das 9:00 horas do 16 ao 23 de xullo ás 13:00 horas

- Cursos de especialización de formación profesional.
Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matriculación das persoas admitidas a partir das 9:00 horas do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas

- Réxime ordinario
- Réxime para as persoas adultas
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matriculación 1ª adxudicación a partir das 9:00 horas do 20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas

https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp