Cursos de inmersión en lingua inglesa

09 Xun 2021

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca 14.000 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa, destinadas a estudantes universitarios, de Ensinos Artísticos Superiores, Outros Estudos Superiores e Formación Profesional de Grao Superior.

Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de axilidade oral en inglés xeral e modalidade de inglés especializado. Os cursos terán unha duración de corenta horas lectivas distribuídas en cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo a sábado, nas sedes e datas

Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que cumprisen 18 anos a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e non cumprisen 30 anos ao 31 de decembro de 2021. Os solicitantes teñen que obter a condición de bolseiro para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos Artísticos Superiores, Outros estudos Superiores, Formación Profesional de Grao Superior ou segundo curso de Bacharelato nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2018-2019.
Curso 2019-2020.

Contía da axuda.
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100,00 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado, que serán por conta do participante.

Solicitudes: Os interesados deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional no apartado correspondente a "Trámites e Servizos".

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2021
Máis información no BOE do 9 de xuño de 2021 e en http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html