Bolsa de biblioteconomía e documentación no Tribunal Constitucional

09 Xun 2021

O Tribunal Constitucional convoca unha bolsa de biblioteconomía e documentación: formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e tratamento bibliográfico das monografías e as publicacións periódicas da biblioteca do Tribunal Constitucional.

Requisitos:
Titulación universitaria de Biblioteconomía e Documentación
Finalizar os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

A dotación da bolsa será de 1.200 euros brutos mensuais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de xullo de 2021
Máis información no BOE do 9 de xuño de 2021 en www.tribunalconstitucional.es