Bolsas Culturex

08 Xun 2021

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as bolsas «Culturex» para mocidade española, de formación práctica en xestión cultural no exterior en institucións culturais de excelencia no exterior e en representacións diplomáticas correspondentes ao ano 2021.

Institucións culturais dispoñibles

Requisitos:
Ter a nacionalidade española.
Estar en posesión da titulación académica oficial de Licenciatura ou Grao.
Estar en posesión dunha titulación de posgrao preferentemente en áreas afins a xestión cultural.
Idiomas:
Segundo a institución elixida o solicitante deberá acreditar un nivel mínimo de C1, de acordo co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
En cada país de destino será esixible a súa lingua nacional propia, excepto en Corea, onde será requisito este mesmo nivel da lingua inglesa.
Nos países de fala española este requisito non será esixible.
Non ter superado os 35 anos de idade a 31 de decembro de 2021.

Dotación mensual:
- Destinos en Europa: O importe bruto mensual de Londres e París será de 2.000 €.
- O resto de destinos europeos: O importe bruto mensual será de 1.650 €.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2021.
A solicitude farase exclusivamente en formato electrónico:
https://sede.mcu.gob.es/SedeElectronica  nos apartado «Trámites e procedementos»

Máis información no BOE do 8 de xuño de 2021 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/cultura/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html