Premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario

08 Xun 2021

A Consellería de Educación convoca premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

O alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
b) Ter no curso académico 2019/20 unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
c) No caso dos graos oficiais será necesario ademais:
1º. Ter superado no curso académico 2019/20, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
2º. Estar matriculado da mesma titulación no curso 2020/21.

d) E, no caso dos programas de simultaneidade de graos:
1º. Ter superado no curso académico 2019/20, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo, serán 72 excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
2º. Estar matriculado do mesmo programa de simultaneidade no curso 2020/21.

Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Máis información no DOG do 8 de xuño de 2021