IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

04 Xun 2021

O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca o IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea para o ano 2021

Requisitos de participación:
Poderá optar a este premio calquera persoa maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos os espazos. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema.

Haberá un único premio de 3.000 €

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 30 de setermbro de 2021
Poden presentarse a través de https://sede.xunta.es co procedemento CT143A.
Máis información no DOG do 4 de xuño de 2021 e en http://cgac.xunta.gal/