Lectorados de lingua, literatura e cultura galega

03 Xun 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 5 prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas no centros de estudos galegos das seguintes universidades:

Universidade Autónoma de Barcelona (Universitat Autònoma de Barcelona). España
Universidade de Kiel. (Christian-Albrechts-Universität zu Kiel). Alemaña
Universidade de Leipzig. (Universität Leipzig). Alemaña
University of Oxford (Reino Unido). Reino Unido
Univ. del País Vasco/Euskal Herriko Univertsitatea. España

A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
Licenciatura en Filoloxía Galega.
Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Grao en Estudos de Galego e Español.
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de humanidades, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de xullo de 2021
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PL500F.

Máis información no DOG do 3 de xuño de 2021 e en http://www.lingua.gal/portada