Bolsas en en xestión de cooperación ao desenvolvemento

02 Xun 2021

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca bolsas de capacitación para mozos españois de formación en xestión de cooperación ao desenvolvemento nas oficinas técnicas de cooperación da AECID.

Requisitos:
a) Titulados nun máster en cooperación para o desenvolvemento, ou nun máster en relacións internacionais.
b) Titulados de grao en Humanidades, Dereito, Relacións Internacionais, Ciencias Políticas ou Economía.
Idade:
Categoría a): Non superior a 29 anos ao 31 de decembro de 2021.
Categoría b): Non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2021.

Prazo de presentación das solicitudes: Do 8 de xuño ao 22 de xuño de 2021.
Máis información no BOE do 2 de xuño de 2021
https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/Convocatorias-y-procedimientos-activos.aspx