Bolsa no Museo do Prado

01 Xun 2021

O Museo Nacional do Prado convoca unha bolsa Fundación María Cristina Masaveu Peterson de Formación e Investigación en novas tecnoloxías aplicadas á Educación.

Requisitos:
- Grao Universitario en Belas Artes, Pedagoxía, Educación, Social, Psicoloxía, Comunicación Audiovisual, Socioloxía, Información e Documentación, Xornalismo, Antropoloxía Social e Cultural, Desenvolvemento de videoxogos, Deseño, Filosofía, Historia, Historia da arte ou disciplinas.
- Expediente académico con valoración media de notable.
- Finalizar os estudos conducentes á obtención do título esixido con posterioridade a xaneiro de 2015.

A bolsa terá unha duración de 12 meses.
A contía da bolsa fíxase en 18.000 €

Prazo: 22 de xuño de 2021
Máis información no BOE do 1 de xuño de 2021

https://www.museodelprado.es/museo/becas