Ciberconcurso: A prostitución: abolición ou regulación?

28 Mai 2021

Como cada ano desde a asociación ANIM propoñen un ciberconcurso de contos con transfondo social que nos axude a entender, analizar e loitar para mellorar a nosa sociedade. O tema do concurso de contos deste ano é “A prostitución: abolición ou regulación?”.

Estas son algunhas das reflexións sobre as que deben tratar os contos: É “o traballo máis antiga do mundo” ou é “a explotación máis antiga do mundo”? Se a prostitución existe desde a antigüidade é por que é necesaria ou por que non houbo ningún interese en eliminar privilexios e servidumes que a xeran e manteñen? É o mesmo vender o corpo prostituíndose que vender o esforzo para outro traballo? É a prostitución unha elección libre ou é só un mito, unha escusa misógina, ou unha realidade para unha minoría? Pódese lexislar pensando na libre elección deixando de lado o tráfico de persoas ? Débese lexislar a prostitución? Hai que prohibila? A solución é castigar ás persoas que fan uso da prostitución?

A extensión das obras non poderá exceder de 12.000 caracteres incluíndo os espazos.

O envío dos orixinais farase por correo electrónico, non se admitirán os envíos por correo postal.
O envío por correo electrónico conterá dous arquivos adxuntos:
1.O relato, que deberá ir asinado co pseudónimo e enviado en formato texto (word ou similar).
2. A plica, na que se fará constar: pseudónimo, nome e apelidos do autor, dirección actual, teléfono e correo electrónico de contacto. O nome con que se identifiquen os dous arquivos será ou o título do conto ou o pseudónimo do autor. NON se admitirán correos que conteñan máis dun conto. En todo caso, deberá enviarse un correo por conto coa súa correspondente plica.

A dirección electrónica para participar é animcontacta@gmail.com. Tamén se poderá participar desde a páxina web.

A admisión de obras a concurso finalizará o 18 de xullo de 2021. Durante o mes de outubro de 2021 farase pública a decisión do Xurado.

Poderá participar calquera persoa, sen prexuízo do lugar de nacemento ou de residencia dos autores.

O gañador recibirá o Premio HIPATIA de ALEXANDRÍA 2021, dotado con 300€ que patrocina o organizador.

BASES