Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Portugal

26 Mai 2021

A Dirección Rexional do Norte do Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ, IP) ten abertas as inscricións para un Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre até ao día 11 de xuño.

O curso realizarase de 17 a 22 de xuño, na sede da Eurocidade Chaves – Verín (antiga alfándega española) en Amarante, na Casa da Xuventude e no Parque Aventura (LIPOR).

A iniciativa destínase á mocidade do Norte de Portugal e da Galiza (Animadores e traballadores na área da Xuventude, adestradores de deporte, mocidade estudante, dirixentes, técnicos, animadores asociativos, etc.) con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

O curso é gratuíto e as inscricións son limitadas até ao máximo de 20 participantes. As persoa participantes terán dereito ao aloxamento, alimentación e transporte.

Para máis información,  a mocidade interesada debe consultar o portal do IPDJ https://ipdj.gov.pt/eventos/curso-de-monitor-de-atividades-de-tempo-livre