Premios fin de carreira para ensinanzas artísticas superiores

26 Mai 2021

A Consellería de Educación convoca premios fin de carreira para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2019/20, nos centros dependentes da Xunta de Galicia.

Estes premios, ademais de ter asignada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

Premios:
2 premios nas ensinanzas superiores de Música
2 premios nas ensinanzas superiores de Deseño
1 premio nas ensinanzas superiores de Arte Dramática
1 premio nas ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario ED311G.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2021
Máis información no DOG do 26 de maio de 2021 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109