Bolsas para os cursos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

19 Mai 2021

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia ás actividades académicas que se celebrarán nas súas sedes durante o ano 2021.

Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario solicitado.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo estudante.

Requisitos:
- Ter matrícula formalizada no curso académico 2020/2021 ou 2021/2022 en estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutoramento nunha Universidade española, ou do EEES ou en calquera outro estudo que equivalla a eles, segundo a normativa vixente.
- Ou ben finalizar calquera dos estudos oficiais enumerados con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.
- Nota media na titulación: deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico de Grao igual ou superior a 7 sobre base 10

A concesión das bolsas non se realiza mediante abonos directos aos estudantes, senón que consiste na exención do abono de determinados prezos polos servizos académicos, de aloxamento e de restauración prestados pola Universidade.

Prazos de solicitude:
- Para as bolsas correspondentes aos Cursos da Sede en Santander ata o 31 de maio de 2021.
- Para as bolsas de matrícula do resto de sedes, establécense os seguintes prazos:
Ata o día 15 de maio para os cursos que se celebren do 20 de xuño ao 15 de Julio
Ata o día 15 de xuño para os cursos que se celebren do 16 de xullo ao 10 de setembro de 2021.
Ata o día 15 de agosto para os cursos que se celebren do 13 ao 30 de setembro de 2021.
Ata o día 5 de setembro para os cursos que se celebren en outubro de 2021
Ata o día 15 de outubro para os cursos que se celebren en novembro e decembro de 2021.

Máis información no BOE do 17 de maio de 2021 e en http://www.uimp.es/cursos-de-verano-en-santander.html