Mulleres no rueiro de Santiago

04 Mai 2021

Que sabes de María Casares, Maruja Mallo, Emilia Pardo Bazán, Margarita Nelken, Federica Montseny, Victoria Kent, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Clara Campoamor...?

As mulleres foron silenciadas pola Historia e o rueiro das nosas cidades é unha boa proba diso, porque ata ben pouco, os únicos nomes femininos que recollían as nosas rúas eran os de santas ou virxes, e aínda hoxe, é unha materia pendente ese recoñecemento ao papel da muller.

O Ateneo de Santiago de Compostela, a través de Radio Ateneo dedícalle un programa, Mulleres no rueiro de Santiago pretende falar daquelas mulleres que están para dalas a coñecer, pero tamén de mulleres que hoxe non están, pero que polas súas achegas moitas veces descoñecidas, deben optar a ese recoñecemento.

Podes oír os podcast en https://ateneodesantiago.gal/radio/programas/24/las-mujeres-en-el-callejero-de-santiago