3º Premio "Green" María Limeres Toresano. 2020 3º Premio "Green" María Limeres Toresano. 2020

VII Concurso de Fotografía Reservas da Biosfera

27 Abr 2021

A VII Edición do Concurso de Fotografía ten como fío condutor para este ano 2021: “Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”. Con esta temática preténdese poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio natural e cultural destas Reservas da Biosfera, o cal é unha das ferramentas fundamentais para o desenvolvemento destas zonas.

Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade. Deberase presentar unha única fotografía por solicitante.

Premios
1er Premio: 800,00 euros
2º Premio: 500,00 euros
3er Premio: 300,00 euros

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de setembro de 2021.

Forma de presentación
As solicitudes xunto coas fotografías presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, Praza San Marcos, 8 (Lugo) ou remitiránse por correo postal certificado a:

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Rexistro Xeral
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES
Praza San Marcos 8
27001 LUGO

No caso de presentar a solicitude de participación nun rexistro distinto ao da Deputación Provincial de Lugo, deberá remitirse na mesma data da presentación un correo electrónico ao enderezo und.medioambiente@deputacionlugo.org no que se achegue o xustificante da presentación da solicitude no rexistro correspondente.

http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB