I Concurso de Relato Curto e Microrrelato “Por la igualdad, tu cuentas”

26 Abr 2021

O Centro de Información e Asesoramento á Muller ( CIAM) do Concello de Salamanca convoca o I Concurso de Relato Curto e Microrrelato “Pola igualdade, ti contas”, co obxectivo xeral de sensibilizar á cidadanía en prol da igualdade entre mulleres e homes.

Poderá participar calquera persoa maior de idade.

A convocatoria responde a dúas modalidades: Relato Curto e Microrrelato.

- Relato curto. A extensión, non será superior a 3 páxinas. Presentarase en formato DINA4, por unha soa cara, arquivo Word, con tipo de letra Arial, tamaño 12, interlineado 1,5 puntos, marxes superior, inferior, dereito e esquerdo, ao redor de 2cm., e un máximo de 30 liñas por cada cara.

- Microrrelato. O texto terá unha extensión máxima de 250 palabras (sen contar o título). Presentarase en formato Word, con tipo de letra Arial, de tamaño 12, e interlineado sinxelo.

Deberán tratar sobre o tema e lema do Concurso:“Pola Igualdade Real TI Contas ”. A trama do relato, ha de centrarse na igualdade de xénero e de oportunidades, entre mulleres e homes, a participación social, política e laboral, e convivencia en igualdade.

O prazo de participación estará aberto ata o 21 de maio de 2021.

http://www.aytosalamanca.com/es/tuayuntamiento/actualidad/atencionciudadana/noticia_0182