Premios Valedora do Pobo

26 Abr 2021

A Valedoría do Pobo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, resolve convocar a segunda edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos
- Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
- Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
-Os traballos deberán ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2020/21.
- Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentasen en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 15 de outubro de 2021.
Máis información no DOG do 26 de abril de 2021 e en www.valedordopobo.gal