Consumópolis 16

26 Abr 2021

A Consellería de Educación e o Instittuo Galego de Consumo e da Competencia convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-16: coida o teu planeta cun consumo + responsable, atréveste?

O concurso consta dunha única parte: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es 

Participantes:
Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO en calquera centro docente de Galicia.

- Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.
- Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
- Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de ESO
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de ESO.

Premios
- Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.
- Os equipos gañadores de cada un dos tres niveis de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na convocatoria nacional.
- Todos os membros do equipo recibirán, ademais dos premios, un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores.
- Os docentes que participasen como coordinadores dos equipos premiados recibirán da Consellería de Educación un certificado de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 12 horas de formación do profesorado.

Apoio aos centros docentes
- Como axuda para realizar as actividades que son obxecto do concurso, os equipos participantes contarán coas fichas informativas e pedagóxicas, en formato PDF, relacionadas co consumo responsable que están localizadas no sitio web www.consumopolis.es
- Ademais, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia ofrece aos centros docentes o asesoramento que precisen para realizar as actividades que son obxecto do concurso, o cal poderán solicitar poñéndose en contacto coa Escola Galega do Consumo a través do enderezo de correo electrónico igc.escuela@xunta.gal, ou do número de teléfono 881 99 90 91.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o día 2 de xuño de 2021 e a solicitude deberá tramitarse en https://sede.xunta.gal co código do procedemento IN114A.

Máis información no DOG do 26 de abril de 2021 e en https://consumo.xunta.gal/gl