Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

23 Abr 2021

Por segundo ano consecutivo, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) colaborará de xeito activo co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que chega á súa XXII edición.

En palabras dos responsábeis do MUVI, os irmáns Jacobo e Galo Martínez, a participación do museo de Cangas no dito evento é unha nova constatación do interese que espertan os videoxogos entre o público, o que se materializa unha vez máis na súa inclusión, de maneira natural e directa, no programa do Salón.

O percorrido físico co que poderán interactuar os asistentes (que se complementará cun itinerario virtual accesíbel na web do Salón) exhibirá obras, sistemas e información sobre estes elementos en relación coa ecoloxía, “deixando patente como o videoxogo se relaciona coa realidade histórica e social de cada intre cronolóxico, abrindo cada vez máis portas no referido ás temáticas, aos relatos e ao seu tratamento, nunha viaxe que vai, neste caso, desde o ano 1982 até o 2021”, explican os irmáns Martínez, facendo saber que amais da exposición permanente o MUVI tamén prevista unha serie de visitas guiadas por eles mesmos, que ampliarán a información do espazo principal, amais de ofrecer “unha viaxe accesíbel e interactiva para todo neno e adulto que se inscriba”.

Programa:
- Sábado 24 de abril - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (A partir de 6 anos) no Recanto Tecnolóxico.
- Sábado 24 de abril - Videoxogos e ecoloxía 18.30h (A partir de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Domingo 25 de abril - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) no Recanto Tecnolóxico.
- Domingo 25 de abril - Videoxogos e ecoloxía 18.30h (Menores acompañados) no Recanto Tecnolóxico.
- Sábado 1 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de exposicións.
- Sábado 1 de maio - Videoxogos e ecoloxía 18.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Domingo 2 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Sábado 8 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Sábado 8 de maio - Videoxogos e ecoloxía 17..30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Domingo 9 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.

http://muvi.gal/