Xornadas de formación práctica dixital (E-martes)

26 Mai 2021

A Escola Galega de Administración pública convoca as XVI e XVII Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que terán lugar os vindeiros martes, 1 e 15 de xuño de 2021, cos seguintes contidos:

- Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal
- Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
- Sede electrónica.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 1 e 15 de xuño de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas cada xornada.

A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
- Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 1 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 28 de maio de 2021.
- Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 15 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 9 de xuño de 2021.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.
https://egap.xunta.gal