Oferta de emprego público da Xunta de Galicia 2021

20 Abr 2021

O Diario Oficial de Galicia do 20 de abril de 2021 publícase a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Xeral da Xunta de Galicia para o ano 2021 que inclúe un total de 1.006 prazas de acceso libre.

O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de auxiliares de clínica con 140 prazas; na escala de axentes técnicos facultativos con 101 prazas na especialidade en xardín de infancia; ou na escala de técnicos facultativos con 28 prazas na especialidade de educadores ou 19 na especialidade de enfermaría. Tamén se inclúen 46 prazas para a escala de enxeñeiros técnicos; 45 prazas na escala de enxeñeiros; 34 para a escala de ciencias; ou 13 prazas para a escala de xerocultor. A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.

En canto ao eido administrativo, destacan 77 prazas para o corpo superior (A1), 79 para o corpo de xestión (A2), 51 para o corpo administrativo (C1), 62 para o corpo auxiliar (C2) e 47 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).

DOG do 20 de abril de 2021