Curso de Director/a de Campos de Traballo / Voluntariado da ETL Scolé

16 Abr 2021

Scolé, Escola de Tempo Libre organiza un curso de Director-a de Campos de Traballo / Voluntariado

Modalidade:  Intensivo presencial con pernocta e pensión completa (34h.) + 16 h. telemáticas
Lugar:  Albergue Xuvenil Gandarío (Concello de Bergondo). Aldea Cornide, 21, 15167 Bergondo, A Coruña
Datas:
Do 14 ao 17 de maio de 2021 (intensivo)
Do 18 ao 21 formación telemática (en diferido; 10h.)
Día 22 de maio: presentación (telemática) dos proxectos, de 16 a 20 h.
Horario:
Venres 14: de 16 a 20:30 h. / de 22 a 23:30 h.
Sábado 15 e Domingo 16: De 10 a 14 h. / de 16 a 20:30 h. / de 22 a 23:30 h.
Luns 17: De 10 a 14 h. / de 16 a 20:00 h.
Prazo de inscrición:
Ata o 7 de maio
Prezo:
250 € curso + aloxamento + pensión completa
175 € só curso
Requisitos:
Estar en posesión do título de Director/a de Tempo Libre e ter experiencia coordinando un equipo de tempo libre de polo menos 15 días.

Máis información:
info@avada.gal
Teléfonos: 648 87 26 09 e 661 71 02 54
www.avada.gal