Ukp Day, festival de Ukelele en Ribadavia

13 Abr 2021

O 5 de xuño terá lugar en Ribadavia a quinta edición do festival de ukelele, Ukp Day

Despois de cancelar a data do 2020 debido á situación sanitaria, o festival volve este ano cun formato reducido e seguro, focalizando as actuacións no Auditorio de Castelo, un espazo aberto ao aire libre, con butacas e garantindo a distancia de seguridade entre o público asistente.

O catalán Enric Montefusco e os galegos Néboa son os artistas convidados para esta 5ª edición que volve apostar pola exclusivade dos concertos, onde os artistas adaptarán algúns temas do seu reperterio habitual ao ukelele. Enric Montefusco, ex lider de Standstill, acudirá ao auditorio do castelo de Ribadavia en formato só, nun concerto íntimo onde mesturará cancións dos seus últimos discos en solitario e no que estará acompañado nalgún dos temas por un artista de ukelele local, realzando así o carácter excepcional da actuación. Pola súa banda, os galegos Néboa presentarán o seu disco de debut con temas adaptados para a ocasión.

As entradas poranse á venda en breve, e terán un custo de 10 € para o público xeral, ofrecendo un desconto do 50% con Carné Xove.

Fotos festival: https://www.facebook.com/UkpDay/photos

Vídeo resumo da edición anterior: https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day/copia-de-inicio

Clip Enric Montefusco: https://www.youtube.com/watch?v=uqxMScRwJM0

 

https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day