Youth4Regions

12 Abr 2021

A Comisión Europea anima aos estudantes de xornalismo e a novos xornalistas a aprender sobre política rexional da UE no encontro Youth4Regions, que se celebrará en Bruxelas, entre o 10 e o 15 de outubro.

Youth4 Regions é un programa que pretende axudar a descubrir o que fai a UE para reforzar a cohesión económica e social e reducir as disparidades a nivel de desenvolvemento entre as rexións da UE.

Destinatarios/as: Estudantes de xornalismo e novos xornalistas de entre 18 e 30 anos.

Prazo: ata o 12 de xullo

https://ec.europa.eu/regional_policy/en/policy/communication/youth4regions