1 m2 contra a basuraleza

12 Abr 2021

Volve a gran mobilización cidadá, 1 m2 contra a basuraleza! Proxecto Libera convoca de novo a toda a mocidade a participar un ano máis na gran recollida de lixo na natureza.

Garda a data: 12 de xuño de 2021. Este ano a gran mobilización nacional cidadá cumpre o seu quinto aniversario.

Cumprindo con todas as medidas sanitarias de cada rexión, sairase aos espazos naturais para retirar esa #basuraleza que nunca debeu chegar aí, e queren contar contigo.

Como? Crea o teu punto de recollida de lixo, porque… ser parte da solución é un  puntazo! Por iso, anímanvos a pasar á acción e crear desde xa o voso punto de recollida para o sábado 12 de xuño.

Desde o #ProyectoLIBERA quérenvos transmitir ese sentimento conxunto de volver á natureza, de respectala máis que nunca e de seguir sensibilizando e achegando solucións entre todos.

CREAR UN PUNTO DE RECOLLIDA DE LIXO