Encontro de Correspondentes Xuvenís

Written by  07 Abr 2021

Xa está aquí un novo Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda Galicia.

Este curso no pode ser de xeito presencial pero... temos a opción de facelo virtual.

Será os días 17 e 18 de abril que son sábado e domingo, coincidindo co Día europeo da información xuvenil.

Se es Correspondente Xuvenil e queres participar, fala co teu profesor/a responsable do programa, que será a persoa encargada de facer a inscrición.

Correspondentes

Programa do Encontro Virtual de Correspondentes Xuvenís

SÁBADO 17

11:00 Cerimonia de apertura
Intervención de Cristina Pichel Toimil, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado  3c

11:20
Icebreaker: mírate no espello
Xogo interactivo de ideación en grupos

13:20. Xantar (emisión de vídeos gravados durante a sesión)

16:30-19:30 Workshops (asistencia a 3 talleres escollendo entre 5)
1. Crea o teu propio podcast
2. Tiktokers con cabeza
3. Seo para a mocidade
4. Descubre Discord
5. Smartphoners

DOMINGO 18

10:30. Hackathon
Os equipos traballan cos mentores nas súas ideas aplicando conceptos desenvoltos nos talleres do sábado.

13:20. Xantar (emisión de vídeos gravados durante a sesión )

15:00-17:30 Hackathon
15:00. Os equipos traballan e preparan a súa presentación.
16:00. Os equipos presentan a súa idea nalgún dos formatos traballados.
17:30. Anuncio do equipo gañador tras a deliberación do xurado
17:45. Cerimonia de clausura e avaliación virtual do encontro

A plataforma que empregaremos será Zoom e estaredes acompañados en todo momento e en todas as actividades por varios monitores/monitoras.

Haberá premios interesantes...

Lembra: se queres participar, contacta co profesorado responsable do programa Correspondentes Xuvenís no teu centro.

Last modified on Xoves, 08 Abril 2021 12:22