A túa opinión é importante: espazo e participación para todos/as

26 Abr 2021

Dentro do 8º ciclo do Diálogo da UE coa Mocidade, ponse en marcha unha enquisa en liña co fin de entender mellor as opinións dos mozos acerca da Meta da Mocidade Europea número 9: Espazo e participación para todos.

A mocidade é activa politicamente, está comprometida e adoita estar á vangarda de numerosos movementos mundiais e organizacións dirixidas por mozas e mozos. É importante que toda a mocidade poida exercer o seu dereito para participar na democracia e iso supón eliminar barreiras e crear igualdade de oportunidades.

Con esta enquisa preténdese saber que tipo de espazos públicos necesitan os/as mozos/as para reunirse, debater puntos de vista políticos e organizar proxectos importantes para a mocidade. Tamén se pretende que a mocidade reciba información clara sobre os asuntos públicos que lle interesa e axudarlle a adquirir as capacidades necesarias para comprender e reflexionar de forma crítica sobre este tipo de información. Por iso, convidante a encher este cuestionario, que só che levará uns minutos.

Todas as respostas son anónimas.

A enquisa estará aberta ata o día 15 de xuño.

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/EU-YOUTH-DIALOGUE-8TH-CYCLE