Corazón de Carballo (Tomiño)

Granxa Escola - Albergue Tomiño

Datos xerais

Corazón de Carballo é instalación xuvenil rexistrada como granxa escola na Comunidade Autónoma de Galicia.
Corazón de Carballo conta con dous amplos comedores, cociña, área de aseos e duchas, baño adaptado, ampla sala de usos múltiples, aula de natureza, varias áreas cubertas para a realización de actividades e obradoiros, cancha deportiva, piscina, áreas axardinadas, áreas temáticas: zona de cuadras, galiñeiros, horta, zona de plantas mediciñais e ‘hospital de plantas’, composteiros, área de prehistoria con areeiro, zona de recuperación da vacaloura, área micorrizada, área temática de queixería, miradoiro de orientación, etc.
Ademáis encádrase nun paraxe de montaña, arroupándonos a Serra do Argallo e a Serra da Groba.
Nas nosas inmediacións temos regatos con fervenzas, áreas de viñedos e bodegas, zonas de grande importancia patrimonial.

Accesibilidade

Toda a instalación está adaptada, con percorridos de ramplas por toda a instalación, facilitando o acceso a persoas con diversidade funcional. Temos unha habitación adaptada, un baño adaptado, salón adaptado, aula de usos múltiples adaptada. Tamén son accesibles areas de animais. A piscina non está adaptada.

Cómo chegar

En coche: Barrio Vilar, 45. Tomiño 36740 [262Q+48 Tomiño(GoogleMaps)]
En autobus: Atsa Vigo-A Guarda
Aeroportos cercanos: Aeroporto de Vigo (Peinador)(36 km)[69JF+F3 Vigo(GoogleMaps)]. Enlaces con autobus ou taxi.
Estación tren: Estación de Tui (14 km). Enlaces con autobus ou taxi.

Enderezo

Barrio Vilar, 45. Tomiño. CP 36740 (Pontevedra)

Teléfono

986 62 33 98

Actividades

Aventura na granxa

______________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS:actividades relacionadas coas tarefas de granxa, xestión de residuos xerados, elaboración dos diferentes tipos de compostaxe, reciclaxe, tiro con arco e roteiros.tomi