Alberge Xuvenil LUG2 (Lugo)

ALBERGUE XUVENIL LUG2 (Lugo)

 

ALBERGUE XUVENIL LUG2 Lugo

Datos xerais

Lugo é unha cidade e municipio de España, capital do devandito municipio e da comarca e provincia homónimas. A cidade, de orixe romana, foi fundada no ano 25 a. C. por Paulo Fabio Máximo e é a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, son testemuño dos seus primeiros anos de historia, especialmente a súa muralla romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Xeograficamente, a cidade atópase situada sobre un outeiro, nunha comarca de montañas redondeadas e non moi elevadas nas terras do Alto Miño e circundada polo propio río Miño, ademais doutros de menor entidade. O municipio, incluído na Reserva da biosfera «Terras do Miño», é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2016 habitaban 98 268 persoas. A instalación é o Albergue Xuvenil Lug 2 inaugurado nos anos 60 como centro educativo residencial e reformado no ano 2009 atópase situado a pouco máis de 5 minutos do centro da cidade de Lugo e a pouca distancia da natureza que nos ofrece o rio. O Centro consta de tres plantas cunha capacidade para 75 prazas. Na planta baixa atópase:

  • Recepción
  • Cociña
  • Comedor, con capacidade para máis de 100 persoas
  • Baños xerais
  • Salón de Actos para 80 persoas equipado con aparellos de son e imaxe
  • 2 zonas wi-fi no edifico

Accesibilidade

Ten accesibilidade para persoas con mobilidade redicida.

Cómo chegar

  • A CORUÑA: Autovía A-6, ata o centro de Lugo
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA: N-634 e logo autovía A-6, ata o centro de Lugo; ou N-547 e A-54 ata o centro de Lugo
  • OURENSE: N-120 E CG-2.2 ata o centro de Lugo
  • PONTEVEDRA: Autopista AP-9 ata Santiago de Compostela

Enderezo

Rúa Pintor Corredoira 4

27002 Lugo

Teléfono

nuevolug2@gmail.com

982 828496

Actividades

  • O Musical                                                                                                                         

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de temática artística, con masterclass: musicais, elaboración dun musical (guións, canto, teatro, montaxe de decorados), escalada,  btt, kaiak e piscina.

  • AYCH Tecnolóxico                                                                                                                        

ACTIVIDADES XERAIS: campamento de temática tecnolóxica e de aventura, con Design thinking, 3D printing, prototipaxe, comunicación dixital e audiovisual, hackathon, robótica, escalada en rocha e rocódromo, tiro con arco, actividades de auga. Realidade estendida, web app.