Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo)

Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo)

 

Datos xerais

A instalación é un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.

Accesibilidade

É a instalación da provincia máis apropiada para discapacidades físicas.

Ten liteiras.

Os exteriores e as zonas comúns son de fácil acceso.

Carece de material náutico e de actividades adaptado.

Cómo chegar:

Está a 2 km de Sada (A Coruña) na estrada Sada - Betanzos.

Enderezo:

Cornide Nº 20, 15167 Bergondo (A Coruña)

Teléfono

981 791 005

Actividades

 

Actividades no mar:

  • ACTIVIDADES XERAIS: Vela, TDV táboa, canoa, paddle surf, wakeboard, aula TIC mariña e xogos deportivos.

Vídeo mapping. fai visible o que levas dentro
  • ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento á composición de vídeos para representacións nocturnas sobre edificios. Os participantes poderán coñecer os principios necesarios para crear animacións de vídeo e, mediante o emprego de ferramentas informáticas, serán quen de crear as súas propias composicións.

A vista de paxaro. primieros pasos con dron

  • ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos fundamentos que permiten a creación, control e voo dun dron. As persoas participantes terán a opción de construír o seu propio dron e, ao final do campamento, realizar unha xincana de competición coas súas creacións.

 Adestrando o meu robot

  • ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos principios tecnolóxicos que son necesarios para construción, funcionamento e mellora no control de robots sinxelos, mediante o emprego de ferramentas informáticas superando pequenas probas ou retos.

 

Gandario Bergondo 1

Gandario Bergondo 2

Gandario Bergondo 3 

Gandario Bergondo 4