Campamento xuvenil 'Penedos de Xacinto' (Entrimo)

ALBERGUE PENEDOS DE XACINTO (ENTRIMO)

ALBERGUE PENEDOS DE XACINTO

Datos xerais

Campamento de montaña, con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 100 prazas en tendas de campaña.

A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, anfiteatro, alpendre cuberto e enfermería.

Accesibilidade

Acceso sen barreiras arquitectónicas. Exteriores e zonas comúns de fácil acceso.

Cómo chegar

Situado a 70 Km de Ourense, na estrada de Entrimo-Illa Olelas. A instalación atópase a 2 Km de Entrimo, no lugar coñecido como Cabeza da Vella.

Enderezo

Cabeza da Vella. 32860 Entrimo (Ourense).

Teléfono

988 434 779

Actividades

  • Teatro e aventura na natureza

ACTIVIDADES XERAIS: Dramatización, Expresión corporal e desinhibición, Obradoiros de formación, Ensaios e propostas teatrais, Técnicas de circo, malabares e equilibrio, Deportes acuáticos: Actividade que engloba diversos xogos e dinámicas deportivas que se desenvolverán na piscina, Gran xogo, Deportes cooperativos, Rocódromo e tirolina, Orientación con gps, Tiro con arco, Xogos activos, Aula de natureza, Conecta2 e piscina.

 

Entrimo 1

Entrimo 2

Entrimo 3