Centro de educación ambiental Equal (Coles)

Centro de educación ambiental Equal (Coles)

Centro de educación ambiental Equal

Datos xerais

O albergue está en pleno contorno rural de interior, no concello de Coles. Está a 1 km da Ribeira Sacra desde o municipio da Peroxa e próximo aos Peares e aos Canóns do Sil.

Está equipado con calefacción, comedor, lavandería, parking de superficie, armarios e aula de obradoiros. Ten mesa de ping-pong e piscina exterior. Nas zonas comúns hai unha biblioteca/sala de lectura, barra libre de dispensación de café, té e infusións ecolóxicas, xardín e zona de sombra para actividades ou descanso no exterior e sala de usos múltiples adaptada.

Para a práctica deportiva, próxima á instalación, hai un centro hípico, embarcadoiro e polideportivo.

Accesibilidade

A instalación consta de 2 plantas. Se ben a planta baixa permite a accesibilidade para actividades de día, a planta superior non é accesible para cadeiras de rodas ou persoas con dificultades motrices severas, xa que o acceso aos dormitorios é a través da escaleira.

Cómo chegar

A Barra, Concello de Coles. Estrada de Ourense - Santiago de Compostela (N-525), dirección A Peroxa, a 10 km de Ourense. Sinalización en Vilarchao, como Centro de Educación Ambiental.

Enderezo

A Barra s/n, 32152 Coles

Teléfono

988 206 353 / 669 257 283

Correo electrónico: info@centroequal.com

Páxina web: www.centroequal.com

Actividades

  • Danza moderna e Natureza

ACTIVIDADES XERAIS: Danza moderna, flashmob, coreografía e xogos teatrais, rutas, obradoiros de ecoloxía, obradoiros de reciclaxe creativo, e pequenas intervencións creativas na natureza. Xogos populares, xincanas disfraces, grandes xogos, veladas. Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Pazo de Fontefiz e Piscina.