Complexo O Corgo (Muiños)

COMPLEXO O CORGO (MUÍÑOS)

COMPLEXO O CORGO

Datos xerais:

Este complexo está equipado cun comedor central, instalacións deportivas, zonas cubertas con pérgolas, para chuvia e sol. Ten praias fluviais con zonas verdes; duchas, campo de deportes con herba artificial; polideportivo cuberto, incluso con alumeado; vestiarios e canchas deportivas; zonas de camiños e sendeiros e aparatos biosaudables. Dispón de zonas de lecer, de salas de ocio e obradoiros temáticos así como zonas de audiovisual. Hai vixiantes nas zonas de baños. Para a práctica deportiva, conta con barcos e piraguas.

Accesibilidade

Ten accesibilidade para persoas con discapacidade.

Cómo chegar:

  • A Coruña-Santiago-Ourense-en a Merca saida autovía a Celanova-Bande-Muiños
  • Vigo-Ourense-en a Merca saída autovía a Celanova-Bande-Muiños
  • A52-Xinzo a Bande-cruce en Puente Linares con Muíños-Calvos, vía Muíños

Enderezo

Complexo turístico-deportivo

O Corgo

Praza de San Rosendo, 1.

32880 Mugueimes (Ourense)

Teléfono

Complexo O Corgo:988 40 60 75 - 639 030 032

Concello de Muíños: 988 45 64 03

concello.muinos@eidolocal.es

Actividades:

  • Ven explorar con nós

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de multiaventura con actividades de auga, kaiak, vela, supervivencia, educación ambiental, dinámicas  de expresión teatral e xogos.