Albergue Municipal de Quiroga (Quiroga)

Albergue Municipal de Quiroga (Quiroga)

Albergue Municipal de Quiroga Quiroga

Datos xerais

O albergue atópase en pleno corazón da Riberia Sacra, no Concello Quiroga un fermoso val flanqueado pola Serra do Courel, as Terras de Trives, a comarca de Valdeorras e as Terras de Lemos.

Ten capacidade para 150 persoas. Dispón de salón comedor, sala de xogos, sala de estar, salas de obradoiros, cociña, lavandería e ascensor.

Conta cun centro médico 24 horas a 50 metros de distancia.

Accesibilidade

Conta con dúas ramplas exteriores de acceso na parte frontal do edificio, 4 habitacións que dispoñen o baño accesible así como dos baños comunitarios con facilidades para persoas con discapacidade.

Instalacións adaptadas para colectivos con discapacidades.

Cómo chegar

  • Coruña – Lugo - Quiroga

Por estrada A6 dirección Lugo ata a saída Dirección Monforte de Lemos CG2.2 ata Bóveda para tomar a LU652 de enlace coa N120 dirección Ponferrada ata chegar a Quiroga.

Distancia desde a Coruña 185 km

  • Santiago a Quiroga

AP53 ata Lalín, Vía rápida Lalín - Monforte ata enlace coa N120 dirección Ponferrada ata chegar a Quiroga

Distancia desde Santiago: 161 km

  • Vigo a Quiroga

Autovía ata Ourense para tomar a N120 ata chegar a Quiroga

Distancia desde Vigo:178 KM

 

Enderezo

R) Real 118

27320 Quiroga (Lugo)

Poblado de Fenosa

Teléfono

Teléfono: 982428166 982428493

Página web: www.tourgalia.com

https://www.facebook.com/alberguedequiroga

Actividades

  • Explora O Courel

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de multiaventura en inglés, con aula de natureza, xeoloxía, aula de minería, actividades de auga, kaiak, orientación con gps, olympic games.