Albergue Xuvenil 'Area' (Viveiro)

Albergue Xuvenil 'Area' (Viveiro)

xuvenil Area

Datos xerais

Atópase situado ao pé de praia, na ría de Viveiro, mirando ao Cantábrico. Cuartos de 4, 5, e 6 camas, sala de televisión, aulas para actividades, laboratorio, comedor, cociña e instalacións deportivas.

Accesibilidade

Non dispón de ascensor nin de baños e dormitorios adaptados.

Cómo chegar

  • Por estrada: A 5 Km de Viveiro na estrada LU-862. Autobuses de Lugo a Viveiro todos os días.
  • Por ferrocarril: Estación FEVE en Viveiro (liña Ferrol-Xixón).

Enderezo

Praia de Area, 27850 Viveiro (Lugo).

Teléfono

982 560 851

Actividades

  • Naturarea: ambiente mariño e náutica

ACTIVIDADES XERAIS: Vela, windsurf, wakeboard, kaiak, aula de natureza mariña, snorquel, olimpiadas terra e mar, skimboard, paddlesurf, cometas de tracción, palas, excursións e volei praia.

 

 Area Viveiro 1

Area Viveiro 2

 

Area Viveiro 3