Carné Xove

  • O carné xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).

    Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non é preciso renovalo.

    Neste sentido, a Xunta de Galicia está enviando o carné xove ao domicilio de todas as persoas potencialmente usuarias, máis de 400.000 mozos e mozas. Polo tanto, xa non é necesario nin solicitalo nin pagalo para telo.

    -No caso das persoas que xa tiñan o carné, coa imaxe antiga, ou que lles caducou hai pouco, recíbeno no seu domicilio con todos os datos cubertos e xa plenamente operativo.

    -No caso das persoas que nunca tiveron o carné ou que o teñen caducado dende hai tempo, reciben no seu domicilio o carné cos tres primeiros campos cubertos (nome e apelidos, data de nacemento e data de caducidade). Para que o carné estea operativo, é necesario que o activen acudindo a un dos puntos de activación que se detallan no documento incluído na carta de envío. A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca). Neste proceso é preciso acreditarse co DNI.

    Importante!. Prazo de activación para os novos carnés: na información que os rapaces e rapazas reciben co carné indícase que dispoñen dun mes para activalo desde a recepción do envío. Ademais, detállase o horario de atención ao público dos puntos de activación e, nalgúns deles, a necesidade de acudir baixo cita previa debido ás restricións de aforo derivadas da covid-19. Porén, se algún usuario/a é citado máis alá do prazo dun mes, a súa activación considerarase igualmente válida aínda que se exceda do prazo inicial, xa que se debe a circunstancias extraordinarias.

  • Puntos de activación do novo carné xove


    IMAXE FRONTAL CON FONDOIMAXE ATRAS CON FONDO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descontos


O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

Establecementos adheridos

Como identificar os establecementos adheridos?

Queres ser un establecemento adherido? Coñeces algún establecemento que queira participar?

 

 

Sorteos:  utilizas o CarnéXove?

   

Seguro de viaxe:  O teu Carné xove inclúe un seguro de viaxe

 

 

PREGUNTAS FRECUENTES

 

Non me chegou o carné. Que teño que facer?

Non tes que solicitalo. Só tes que esperar a recibilo no teu domicilio.

Cando me vai chegar?
Nas próximas semanas todos os mozos e mozas deberían telo na casa.

Cambiei de domicilio recentemente. Chegarame igualmente?
No caso de que o cambio de domicilio e a modificación pertinente no padrón se producise antes do pasado mes de novembro, o carné chegarache ao enderezo novo. No caso de que a mudanza fose posterior, deberás acudir a un dos centros que figuran como puntos de activación e solicitar a expedición dun carné novo argumentando a non recepción por cambio domiciliario.

Como sei se o teño que activar?
Só cómpre activalo se o apartado do número de carné que recibes está baleiro.

Como fago para activalo?
Ademais, se ese é o teu caso, recibirás no mesmo envío unha folla coma esta con todos os centros aos que podes acudir para activalo. Debes acudir co teu DNI a un deles. No caso de que non poidas vir ti presencialmente, pode facelo no teu nome a túa nai/pai/titor legal, acompañada do teu DNI.

Teño que pedir cita previa?
Non é necesario en todos os puntos de activación, pero lembra que para algún si é preciso. No caso das Xefaturas Territoriais da Coruña, Ourense, Lugo e Vigo e na Oficina da Consellería de Política Social en Pontevedra podes facelo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa-consellerias  . No caso do resto de puntos de activación que atenden baixo cita previa, deberás concertala chamando por teléfono, como é o caso dos Espazos Xoves de Viveiro, Chantada, Tui, Betanzos, Carballo, Pontedeume e Noia e de moitas OMIX.

Como fago para solicitar os campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado deste verán se aínda non teño o carné?
Na solicitude debes indicar que xa dispós do carné xove. Só será necesario que o presentes en caso de que resultes adxudicatario/a dunha praza. Cando chegue este momento recibirás cumprida información ao respecto.

Que pasa se perdo ou me rouban o meu carné xove?
Poderás acudir a un dos puntos deste documento para que che fagamos un novo.

Que fago se paguei o carné xove recentemente porque quería telo antes de que me chegase ao meu domicilio?
Podes solicitar a devolución da taxa usando este documento: Impreso de devolución da taxa do carné xove